Saltar ao contido

Reserva india

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa das reservas dos Estados Unidos.

Denomínase reserva india aos territorios dos EUA (en inglés: Indian reservation) ou do Canadá (en inglés: Indian reserve, en francés: réserve indienne) que están baixo a soberanía limitada dunha tribo nativo americana ou varias.

Reservas nos Estados Unidos

[editar | editar a fonte]

Nos Estados Unidos, a gran maioría das tribos son consideradas servant nations (nacións domésticas) e viven nas terras tribais tradicionais que se reservaron polo goberno federal como reservas indias, aínda que tamén moitas tribos foron obrigadas a cambiar de localización.

A administración desas terras depende do Departamento do Interior por medio da Bureau of Indian Affairs (BIA) ou Oficina de Asuntos Indios. En California case a metade das reservas denomínanse Rancherías; en Novo México, case todas levan o nome de Pueblos e nalgúns estados do oeste, espacialmente Nevada, hai zonas de nativos americanos que se denominan como colonias indias.

Hai arredor de 326[1] reservas indias nos Estados Unidos, o que significa que non tódalas tribos recoñecidas (máis de 566[1] a nivel federal, en outubro de 2016) teñen a súa propia reserva. Algunhas tribos teñen máis dunha reserva, outras teñen unha compartida e outras non teñen ningunha. Ademais, debido ás adxudicacións do pasado que daban terras a non indios, algunhas reservas están moi fragmentadas, sendo enclaves illados. Este cúmulo de factores crean dificultades administrativas, políticas e legais para as comunidades indias.[2]

A súa área total xeográfica é de 22.700.000 hectáreas (227.000 km2), o cal representa o 2,3% da área total dos Estados Unidos (962.909.099,6 ha). Comparadas cos estados dos Estados Unidos, a maioría son pequenas, porén hai doce reservas indias maiores có estado de Rhode Island que abrangue 314.425 hectáreas, e nove delas son maiores có estado de Delaware (32.761 ha). A reserva de maior tamaño pertence á Nación Navajo sendo semellante en tamaño a Virxinia Occidental. As reservas están desigualmente espalladas por todo o país, a maioría ó oeste do Río Mississippi.[3][4]

Debido a que as tribos teñen certa soberanía, as leis varían dunhas terras a outras.[5][6] Esas leis poden permitir o xogo legal en casinos para atraer turistas. O consello tribal, e non o goberno federal, é o que ten xeralmente a xurisdición nas reservas. Moitas reservas establecéronse polo goberno federal, mais unhas poucas, principalmente no leste, teñen a súa orixe no recoñecemento do estado.[7]

A BIA dividiu a administración das 326 reservas en 12 oficinas rexionais[8] (Alasca, Oriental, Leste de Oklahoma, Grandes Chairas, Medio Oeste, Navajo, Noroeste, Pacífico, Montañas Rochosas, Chairas do Sur, Suroeste e Occidental) que se subdividen en 83 axencias ou zonas. Estas funcionan como intermediarios entre o nativo americano e a BIA, aínda que a miúdo carecen de cooperación e de cartos. Cada reserva correspóndese, normalmente, cunha tribo grande, aínda que as tribos pequenas adoitan se agruparen nunha reserva máis ou menos grande, como a Axencia Everett para os Puget Sound Salish. As axencia encárganse de distribuíren racións, nomear interlocutores, da policía indíxena, fomentar proxectos...; é dicir de tódolos servizos agás os médicos.

  1. 1,0 1,1 "Listaxe de tribos recoñecidas polo goberno federal de EE.UU." (en inglés). Consultado o 30-12-2016. 
  2. Sutton, 199.
  3. Kinney (1937)
  4. Sutton (1975)
  5. Davies & Clow (2009)
  6. Sutton (1991)
  7. Para máis datos, ver Tiller (1996)
  8. "Oficinas Rexionais da BIA". Consultado o 01-01-2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]